Xeometría

ÍNDICE
 

Para profesoras e profesores:

Introducción

Obxectivos

Recursos

 

Para alumnas e alumnos:

Instruccións para comezar

Investigacións con segmentos

Investigacións con triángulos

Investigacións con cuadriláteros

INVESTIGACIÓNS SOBRE TRAMAS
INTRODUCCIÓN

     Imos facer a continuación unha proposta que dista moito de estar pechada. Ben ó contrario, está na intención do autor facer modificacións para que vaia a mellor tan pronto como as novas ideas teñan a ben facer acto de presencia.

    As intencións iniciais lévanme a facer unha estructuración dos contidos en dúas partes diferenciadas: unha destinada ó profesorado e a outra, loxicamente, ó alumnado; aspectos estes dos que se quere deixar constancia no ÍNDICE.

     Os alumnos e alumnas deben comezar, pois, polo apartado que se denomina "Instruccións para comezar" e seguir despois de maneira secuencial. Ese primeiro apartado NON CONSTITÚE unha actividade trivial, ben ó contrario, unha asimilación consciente do mesmo dará máis tarde froitos beneficiosos.

     O núcleo central do traballo pretende estar nas investigacións con segmentos, triángulos e cuadriláteros sobre tramas de orde 3, 4 e 5. Dedícaselle unha sección a cada un destes epígrafes.

     O autor quere, intencionadamente, que as alumnas e alumnos utilizaran o ordenador como ferramenta para a investigación. Por eso, en cada apartado aparece a escena como elemento fundamental e trátase de fuxir dos textos con instruccións ou preguntas para conseguir que non haxa que mover a pantalla e, con eso, distraer a atención do alumnado.

    Tendo esto en conta, o profesor ou profesora debe entregar en papel (en fichas) as cuestións que quere que sexan abordadas polos alumnos. Tamén debe facilitarlles ós estudiantes follas con tramas para permitirlles tomar notas das conclusións ás que cheguen ou para que fagan conxecturas e establezan hipóteses.

     Co fin de dar ideas sobre as cuestións a desenvolver e sobre os materiais a facilitarlle ó alumnado, mostramos algúnsn recursos para o profesorado que teñen a intención de servir de suxestión.

OBXECTIVOS
  • Que os alumnos fagan conxecturas, comprobacións e aprendan a traballar de maneira autónoma.
  • Facer deduccións e chegar a conclusións.
  • Aprender a ser ordenado e sistemático.
  • Cálculo da medida de distancias e superficies.
  • Valor exacto, aproximación decimal e cálculo do erro cometido.
  • Conseguir boa presentación na realización dun informe.
  Santiago López Arca
 
© Ministerio de Educación y Ciencia. Año 2002