INVESTIGACIÓNS
Xeometría
 

1. TRAMAS.
No debuxo que se mostra na columna da esquerda represéntase unha configuración de 10x15 puntos que están suxerindo ser os vértices de 126 cadrados unidos polos seus lados. A esta distribución de puntos denominarémola "Trama cadrada de puntos de orde 10x15".

Na columna da dereita móstranse tres tramas cadradas de puntos de ordes moito máis pequenas (3x3, 4x4 e 5x5).

Os traballos que imos levar a cabo vanse desenvolver en tramas coma as que se mostran na columna da dereita. Obsérvaas, pois, con atención xa que serán o campo de xogo no que desenvolveremos a nosa partida.

Trama cadrada de orde 3x3

Trama cadrada de orde 4x4

Trama cadrada de orde 5x5

A configuración que aparece na esquerda permitirache facer investigacións. É unha ferramenta que podes manipular. Chamarémola escena.

Ten moita importancia que neste momento dediques uns minutos a te familiarizares co manexo das escenas que aparecen nesta páxina. Agora non debes ter présa, para ir máis rápido no futuro.

Observa que na parte superior da escena está situado un control que che permite cambiar a orde da trama. Premendo na frecha azul a orde da trama aumenta de 3 a 5. Premendo na frecha vermella a orde diminúe de 5 a 3.

Na parte inferior da escena atópase o botón "Inicio". Premendo neste botón devolverás a escena á maneira na que se atopaba cando arrancou o programa.


2. MOVENDO UN PUNTO NUNHA TRAMA.

Na escena da esquerda preséntase unha trama de orde 5. Nela introduciuse un control gráfico que é o punto A.

Este punto A, por ser un control, pode moverse dentro da escena. Podemos seguir dous métodos:

  •  Utilizando os controis numéricos A.x e A.y (premendo nas respectivas frechas). O control A.x permítenos desprazarnos na dirección do eixe OX; e o control A.y deixa que nos movamos na dirección do eixe OY.

  • Tamén podemos mover o punto A utilizando o rato: Fai "clic" co botón esquerdo do rato sobre el e, sen soltar o botón, arrastra ata a nova posición. Practica un pouco, pois precísase unha certa destreza para mover os puntos utilizando o rato.

Realiza estes dous exercicios de adestramento:

  1.  Move o punto A, utilizando os controis A.x e A.y, do corruncho inferior esquerdo ó corruncho superior dereito percorrendo, polo menos, tres camiños diferentes.

  2. Move o punto A, utilizando o rato, do corruncho inferior esquerdo ó coruncho superior dereito percorrendo a diagonal.


3. CAMBIAMOS A ORDE DA TRAMA E MOVEMOS O PUNTO A.

Nesta escena combínanse as posibilidades que permiten as dúas escenas anteriores: cambiar a orde da trama e mover o punto A.

Practica e explora as posibilidades que se nos ofrecen. O éxito nas actividades que virán a seguir depende en gran medida da destreza que teñas á hora de te moveres no escenario que imos utilizar.


       
           
  Santiago López Arca.
 
© Ministerio de Educación y Ciencia. Año 2002