|
INECUACIÓNS
|
|
4º ESO |
Lembramos que a función afín é a que ven dada por unha expresión da forma y = mx + n Un caso particular é o da función lineal, que ten por expresión: y = mx |
|
|
Neste applet vemos a gráfica de y =
2x – 3 Move o punto P e observa as súas coordenadas. (Fíxate que poden non ser exactas. Para ter resultados
exactos, escribe o valor de “x” e aparecerá P no seu lugar correspondente). Contesta no teu cuaderno: 1. ¿Qué valor fai cambiar a inclinación da recta? 2. ¿Cómo é a recta cando m>0?¿e cando m<0? 3. ¿Qué indica o valor de “n”? 4. ¿Qué representa a 1ª coordenada do punto P? ¿e a 2ª? 5. Observa na pantalla a recta y = 2x–3 e debúxaa e no teu cuaderno. 6. ¿Para que valores de “x” resulta 2x–3 = 0? 7. ¿Para que valores de “x” resulta 2x–3 > 0? 8. ¿Para que valores de “x” resulta 2x–3 < 0? |
ACTIVIDADES PROPOSTAS3. Repite as cuestións 5, 6,
7 e 8 para as expresións seguintes: a) 2x + 6 b) 3x
– 2 c) 5x + 8 d) 7x
e) –x + 4 f) –2x
– 5 g) –4x h) 15x – 25 |
INECUACIÓNS DE PRIMEIRO GRAO CUNHA INCÓGNITA |
||
As inecuacións de 1º grao cunha incógnita son as das seguintes formas básicas: ax + b < 0 ax + b > 0 ax + b ≤ 0 ax + b ≥ 0 Resolución: Faise a gráfica da función afín y = ax + b, e obsérvase onde ax+b ten o signo que se pide en cada caso. Exemplo: Resolvamos a inecuación: 5x + 3 ≤ 0 |
||
|
Representamos a función y = 5x + 3 Debuxa tamén a gráfica no teu cuaderno. Contesta no teu cuaderno: 9. ¿Para que valor de “x” resulta 5x+3 = 0?. Expresa o resultado en forma decimal e en forma de fracción. 10. ¿Para que valores de “x” resulta 5x+3 < 0? Respondendo correctamente as
cuestións prantexadas xa temos as solucións da inecuación: |
|
ACTIVIDADES PROPOSTAS4. Resolve as seguintes inecuacións. Utiliza o applet para ver as
gráficas das funcións correspondentes en cada caso: a) 2x + 6 < 0 b) 3x – 2 ≥ 0 c) 5x + 8 ≤ 0 d) 7x
< 0 e) –x + 4 < 0 f) –2x – 5 ≥ 0 g) –4x
> 0 h) 15x – 25 ≤ 0 |
||
INECUACIÓNS DE 1º GRAO CON
DENOMINADORES
Non sempre as inecuacións son tan sinxelas, ás veces aparecen con parénteses e denominadores. Para resolvelas obteremos inecuacións equivalentes á dada e de expresión cada vez mais sinxela, ata chegar a unha das formas indicadas. |
||
O proceso a seguir é o mesmo que para as ecuacións: 1º.- Quitar parénteses. 2º.- Quitar denominadores. 3º.- Reducir termos semellantes (ata obter unha inecuación dunha das formas básicas). 4º.- Resolver a inecuación. |
Exemplo: Resolvamos a inecuación 1º.-
Quitamos parénteses
2º.-
Quitamos denominadores 3º.-
Reducimos termos semellantes 4º.-
Resolvemos a inecuación
|
|
ACTIVIDADES PROPOSTAS5. Resolve
as seguintes inecuacións de 1º grao: a) 6x
–3 > 5x – 7 b) – (x - 9) ≤–2 (x–3) + 5 c) –2
(x–2) + 5 ≤ 4 (2x
– 7) – 3 d) 6 (2x – 1) – 7 ≤ –2 (5x – 3) + 5x e) x
– 9 (2x + 1) – 3x > 5 (7x – 5) f) (x – 2) (x + 3) ≤ x (x – 1) – 8 g) h) i) l) m) n) |
||
|
|
|
|
|
Xosé Eixo |
|
|
© Ministerio de Educación y Ciencia. Ano 2004 |
|
|