|
INECUACIÓNS
|
|
4º ESO |
3. REPASO DA FUNCIÓN CUADRÁTICA |
|
Lembramos que a FUNCIÓN CUADRÁTICA é a que ven dada por unha expresión da forma: y = Ax2 + Bx + C A súa gráfica é unha parábola. |
|
|
Neste applet vemos a gráfica de y = x2–5x+4 Move o punto P e observa as súas coordenadas. Contesta no teu cuaderno: 1. ¿Cómo inflúe na forma da parábola cada un dos coeficientes? (Para ver esto vaille dando valores a cada un dos coeficientes) a. ¿Qué ocurre cando aumenta ou diminúe C? b. ¿Qué ocurre cando cambia o signo de A? 2. ¿Qué representa a 1ª coordenada do punto P? ¿e a 2ª? 3. Observa na pantalla a parábola y = x2–5x+4 e debúxaa e no teu cuaderno. 4. ¿Para que valores de “x” resulta x2–5x+4 = 0?¿Cómo poderías calcular estes valores sen utilizar este applet? 5. ¿Para que valores de “x” resulta x2–5x+4 > 0? 6. ¿Para que valores de “x” resulta x2–5x+4 < 0? |
ACTIVIDADES PROPOSTAS6. Repite as cuestións 4, 5 e
6 para as expresións seguintes: a) y = x2 – 5x
+ 6 b) y = 2x2 – x
+ 3 c) y = 3x2 + 4x
+ 1 d) y = 4x2 + 4x
+ 1 e) y = x2 – 2x
+ 1 f) y = 2x2 +3x
– 5 g) y = –x2 –8x +9 h) y = 3x2 + x +2 i) y = –3x2 +5x – 2 l) y = x2 + 7x |
INECUACIÓNS DE SEGUNDO GRAO CUNHA INCÓGNITA |
|
As inecuacións de 2º grao cunha incógnita son as das seguintes formas básicas: Ax2+Bx+C < 0 Ax2+Bx+C
> 0 Ax2+Bx+C ≤ 0 Ax2+Bx+C ≥ 0 Resolución: Faise a gráfica da función cuadrática y = Ax2+Bx+C, e obsérvase onde Ax2+Bx+C ten o signo que se pide en cada caso. Exemplo: Resolvamos a inecuación: 2x2–3x+1 ≤ 0 |
|
|
Representamos a función y = 2x2–3x+1 Debuxa tamén a gráfica no teu cuaderno. Contesta no teu cuaderno: 7. ¿Para que valor de “x” resulta 2x2–3x+1 = 0?. 8. ¿Para que valores de “x” resulta 2x2–3x+1 < 0? (Lembra que para observar máis de cerca a gráfica podes utilizar o zoom do applet). Respondendo
correctamente as cuestións prantexadas xa temos as solucións da inecuación:
x 0
[0.5, 1] |
ACTIVIDADES PROPOSTAS7. Resolve as seguintes inecuacións. Utiliza o applet para ver as
gráficas das funcións correspondentes en cada caso e debúxaas no teu
cuaderno: a) x2 – 5x + 6
< 0 b) 2x2 – x + 3 ≥ 0 c) 4x2 + 4x +
1 ≤ 0 d) x2 + 7x < 0 e) 2x2 +3x – 5
< 0 f) x2 – 2x + 1
≥
0 g) –x2
–8x +9 > 0 h) –3x2 +5x – 2 ≤ 0 |
|
|
|
|
|
Xosé Eixo Blanco |
|
|
© Ministerio de Educación y Ciencia. Ano 2004 |
|
|